Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






A concienciación é a base!
Na miña opinión, o primeiro paso para a minimización de residuos débeno dar as empresas, por exemplo promover productos con menos embalaxes (hoxe en día os cartuchos de tinta parecen cebolas coa cantidade de capas que traen). Pero o fundamental é a concienciación individual de cada cidadán: ir ó supermercado coa túa bolsa ou carro, reutilizar o que se poda (botellas, tarros de cristal, caixas...), e sobre todo facer un pequeno esforzo para realizar unha correcta separación do lixo nos fogares. Para facer ben todo isto deberíamos de participar todos, xa que o traballo individual non leva a ningún sitio. Se todos tivéramos un pouco máis en conta o medio ambiente, o planeta agradeceríanolo. "Recordade que o mellor residuo é o que non se chega a xerar" Un saúdo!