Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






A RECICLAXE NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA
Nos colexios utilízanse materiais que unha vez deteriorados en vez de converterse en refugallos pódense converter en outros materiais de uso. Así na clase de Educación Física_ -Coa espuma das indiakas, o miraguano dos bonecos estropeados, e a tela dun paraiaugas roto podemos construir pelotas brandas para traballar os lanzamentos e recepcións co alumnado máis cativo... só fai falta fio, agulla e un pouco de imaxinación e tempo. -Cos cilindros de papel hixiénico podemos facer xogos de levar e traer, de equilibrio. Podemos usalos asímesmo, inserándoos nunha pica, para ir anotando os puntos ou goles nun xogo predeportivo. -Con botellas de plástico (iguais) cheas de area podemos facer conos e contrapesos. -Co papel dos catálogos e folletos podemos traballar a psicomotricidade fina facendo figuras de papiroflexia. -Co poliespan das embalaxes e un pouco de paciencia e maña podemos facer boliñas para diversos usos: soprar, transportar, co impulso dun abano, etc.