Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






O QUE TI TIRAS, A MIN VALEME!!!
A miña idea basearíase no intercambio entre persoas: Poderíase habilitar unha campaña na páxina web de SOGAMA e crear unha aplicación para intercambio de obxectos (e demanda dos mesmos) entre usuari@s. Por ex.: Unha televisión que imos cambiar pero que segue funcionando, unha lámpada … Se alguén demandase ese obxecto, o propietario indicaríalle na paxina web o día, hora e lugar no que vai a depositar o obxecto, para que así o demandante puidese recollelo. Hai que pensar sempre que o que a ti non che vale, a min pode facerme falla!!!