Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






E O COLEXIO GAÑADOR AO PREMIO “REUTILIZANDO A IMAXINACIÓN” É…
¿Quen non fixo algunha vez dun calcetín unha marioneta? Ou ¿un disfraz con caixas de cartón e bolsas de plástico? A miña proposta é implicar tanto a organismos públicos como ás persoas. Eu propoño realizar unha campaña nos COLEXIOS de RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS (Cds, latas, roupa usada, cartóns, envases de plástico…) para logo reutilizar e elaborar os disfraces do carnaval, facer os decorados e vestiarios dos festivais e obras de teatro do cole ou organizar un festival de monicreques…todo feito cos materiais recollidos pol@s nen@s tanto no cole coma nas súas casas. Deste xeito mantemos esperta a imaxinación e a creatividade d@s nen@s, á vez que concienciamos a nais, pais, nen@s e profes, facéndo@s a tod@s partícipes das actividades organizadas. O COLEXIO COAS IDEAS MAIS ORIXINAIS podería gañar uns lotes de libros para a súa biblioteca ou unha excursión a un Parque Natural de Galicia. TODOS TEMOS A CHAVE!!!