Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






Cambio do plástico polo cristal
A cantidade de residuos que van ó colector amarelo é inmensamente maior (e moito máis contaminante e perdurable no medio ambiente) que o resto dos creados nun domicilio familiar típico, debido en grande medida ós bricks e botellas, ademais de bolsas e todo tipo de plásticos nos que veñen preparados a maioría dos produtos que mercamos. Se para empezar, incentivasen ás empresas para utilizar envases de cristal que unha vez baleiros puideses retornarlles (igual que antes se facía cós cascos das botellas) e deixasen de facer paquetes de plástico de 6 ou máis unidades (que ó chegar a casa tiramos directamente) evitaríamos unha enorme produción de lixo.