Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






Todos a compostar!
Hola a tod@s! A miña idea é axudar a reducir os residuos orgánicos, promovendo axudas para realizar un pequeno parque de compostaxe nas cidades ó cal poidamos levar os nosos restos de comida sen que vaian ó vertedoiro, xa que poderíamos obter un compost caseiro e de calidade. Ademáis, tamén fomentaría o compostaxe nas vivendas unifamiliares que tanto abundan na xeografía galega para obter o noso propio abono e poder usalo nas hortas. Cada pequeno esforzo conta!