Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






Substituir o papel pola Internet nas oficinas
Eu faría unha campaña de concienciación para deixar de utilizar o papel nas administracións e nas oficinas en xeral e incentivar o uso da Internet en todo tipo de xestións. Deste xeito reduciriase moito todo o papel (ademáis dos cartuchos de tóner e tinta) que rematan tirados nos contedores das empresas e, polo tanto, nos vertedoiros. Ao longo de ano son moitas toneladas e creo que se podería evitar este derroche.