Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






A miña proposta :)
Parte da reciclaxe podería correr por parte daquelas persoas que cometeron algún tipo de falta ou delito contra a saúde pública ou, máis amplamente, contra a Natureza. Por exemplo, certos reclusos que cumplan certas condicións, condutores ós que se lles quitan os puntos... Tamén o poderían facer xente que sofre de marxinación social e que está en proceso de reinserción, como toxicómanos en rehabilitación... En definitiva, aquelas persoas que, tras ter levado a cabo algunha acción que perxudica á sociedade, reciben agore dela algún tipo de “beneficio”. Considero que se lles podería encomendar realizar tarefas de recolección de residuos a aquelas persoas que están cumplindo unha condena por algún delito relacionado a saúde pública, e preferentemente estas tarefas poderían ter lugar nas áreas ou zonas onde tivesen cometido tal delito. No caso dos reclusos, son consciente de que xa reducen as penas facendo traballos de integración, no cárcere... pero están a recibir unhas prestacións, como pode ser alimentación, teito... creo que unha forma de axudar a sufragar os gastos ocasionados por estas prestacións podería ser organizar a ese colectivo para que faga recollida de lixo nos montes, por exemplo, tarefas de separación de residuos, etc. No caso dos condutores que tiveran cometido algún delito ou falta: un condutor que colle o coche ebrio ou que conduce a unha velocidade moito maior da permitida está pondo en perigo a seguridade vial e, en definitiva, a saúde de calqueira que poda estar na estrada. Co cal considero que debería facer traballos para a comunidade, como por exemplo recollida de lixo nas estradas, nas beirarrúas, etc. que poden ser máis productivos que a simple recaudación económica do pago dunha multa, por non falar daqueles que acaban no cárcere, onde non xeran unha contraprestación para a sociedade -que é a vítima real das súas accións-, senón todo o contrario. Cunha visión algo idealista, pode que así esa persoa comece a considerar perigoso que os vehículos vaian a gran velocidade... Os toxicómanos en rehabilitación, ou a xente que estea a recibir algunha prestación social a causa dalgún “erro” cometido nas súas vidas, debería “devolver” co seu traballo eses beneficios que obteñen de forma gratuita. Poderíase facer, do mesmo xeito, o seguinte: organizar grupos e facer recollida de lixo polos montes, os grandes parques, selección de residuos, etc. E non só con estes colectivos; estes casos son só algúns exemplos. Considero que este tipo de traballos deberíanos facer todos aqueles que cometan algún delito ou falta no que a perxudicada sexa a saúde da xente, a sociedade, e que tras elo reciban servizos públicos de xeito gratuito. Algo que tamén considero importantísimo é a loita contra os incendios. Estas persoas poderían organizarse en grupos ó longo dos tres meses anteriores ó verán e dividirse para facer traballos de poda e limpeza de matorrais, recoller os restos caídos por mor dos temporais... para así ter o monte limpo e loitar preventivamente contra os incendios. A principal causa pola cal os montes galegos non están en condicións é que resulta imposible pagar a tanta xente como sería necesaria para limpalos, e é ben coñecida a importancia que ten para Galiza esta materia; son moitas as persoas que cumplen as condicións das que falo, e eles poderían axudar levando a cabo este tipo de traballos. Sen máis despídome. PD: supoño que esta proposta non vai ser a gañadora do portátil, por radical e controvertida, pero creo que se faría un gran traballo organizando unha parte da reciclaxe deste xeito :). Cando menos, espero que alguén con responsabilidade na materia poda chegar a ler esto e pensar nelo. Un saúdo.