Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






Merenda ecolóxica: fora os envoltorios dun so uso!
Son estudante de Mestre/a, Educación Infantil e máis son Monitora de Ocio e Tempo Libre. Actualmente, traballo como voluntaria na Asociación Hércules 283. Os máis pequenos e pequenas do grupo, nenos e nenas de 7 a 11 anos, levan a cabo todos os sábados a súa "merenda ecolóxica". Fai unhas semanas, tivemos un obradoiro mediambiental que tiña como fin coñecer a problemática actual e comprometernos co medio ambiente. Unha das nosas ideas foi decorar unhas fiambreiras co fin de eliminar o papel de aluminio e envoltorios plásticos dun so uso para levar o noso bocata ou froita. Desta forma, non produciremos tanto lixo. Aquí podedes ver a nosa iniciativa máis polo miúdo: http://gs283.scout.es/2011/11/a-manada-comprometese-co-medio-ambiente/ Animo a todos os nenos e nenas a levar a cabo esta idea! Entre todos podemos construir un mundo mellor!