Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






Día para sacar os trastes á rúa
Penso que as cidades españolas deberían tomar exemplo doutras cidades europeas como París ou Budapest. Alí hai un día ao mes (un día diferente para cada barrio ou distrito) para sacar os trastes á rúa. A idea é que o que para uns son trastes para outros son cousas útiles: un moble que xa non usamos, un electrodoméstico que aínda funciona pero que xa trocamos por outro máis moderno (o vello acaba sempre no lixo pero seguro que hai alguén por aí a quen lle viría ben), unha lámpada, roupa, obxectos de adorno... Son cousas que poden atopar unha segunda vida nas mans doutras persoas. Os trastes que ninguén quere, ao día seguinte, son levados polo servizo de recollida de lixo.