Fondo Siguenos en Facebook Síguenos en Twitter Síguenos en Tuenti Sogama Boas prácticas Recollida selectiva Achéganos as túas ideas Contacto Inicio

As ideas que figuran a continuación foron aportadas polos internautas no marco da campaña "Reduce. Ti tes a chave", desenvolvida no período comprendido entre o 21 de novembro de 2011 e o 16 de xaneiro de 2012.






Ensina a mercar ao chef e o valor da comida ao comensal
Eu faría unha campaña para ensinar a mercar aos restaurantes: segundo os últimos datos, os restaurantes españois tiran ó lixo 2,5 quilos de comida ao día, comida en bo estado, maiormente por non saber mercar. Isto é un despropósito e máis nestes tempos de crise. E tamén para que os restaurantes ensinen aos seus clientes con información nas cartas etc, para que coñezan o valor da comida e pidan de comer en consecuencia. Evidentemente, un dos atrancos para Reducir é que non sabemos mercar. Hai moita información a nivel de usuario pero pouca para negocios e empresas. Moitas gracias e parabéns pola iniciativa